O noso obxectivo é analizar a conformación histórica, cultural, ambiental e socioeconómica do territorio para promover, mediante enfoques participativos, sociedades sostibles, resilientes, inclusivas e igualitarias.

O GET integra investigadores de diversas disciplinas, como a Socioloxía, a Historia, a Antropoloxía e a Arquitectura, e busca mellorar a relación entre a poboación e o territorio a través da investigación, a divulgación e a transferencia de coñecemento. Desde os seus inicios, combina unha sólida base teórica con metodoloxías cuantitativas e cualitativas para desenvolver estratexias alternativas de desenvolvemento social e económico.

O grupo traballa con datos primarios e secundarios e aplica técnicas espaciais, estatísticas e etnográficas para abordar os seus estudos dun xeito amplo e rigoroso.

Scroll al inicio