Carballo acolle as II Xornadas de Transferencia GET–ANTE sobre desenvolvemento local

Os días 8 e 9 de maio de 2026, Carballo acolleu as II Xornadas de Transferencia GET–ANTE. Colaboración público-privada e comunitaria para a axenda de desenvolvemento local de Carballo, unha iniciativa orientada a conectar investigación académica, administración pública e territorio.

As xornadas reuniron en Carballo grupos de investigación da Universidade da Coruña e da Universidade de Santiago de Compostela para abordar diferentes perspectivas e ferramentas relacionadas co desenvolvemento local e coa colaboración entre actores públicos, privados e comunitarios.

A actividade forma parte das accións de transferencia e divulgación científica desenvolvidas polo Grupo de Estudos Territoriais en 2026, financiadas a través da axuda de Grupos de Consolidación e Estruturación da Xunta de Galicia.

O encontro deu continuidade ao traballo do GET arredor das dinámicas territoriais e das fórmulas de cooperación que permiten articular coñecemento académico e necesidades situadas nos contextos locais.

Scroll al inicio