A revista Crítica Urbana publica o artigo “La paradoja del viento en Galicia”, elaborado por Uxía López Mejuto, María Andrade, Manolo Docampo y Jose Cortés. O texto analiza algunhas das contradicións que acompañan o actual proceso de transición enerxética en Galicia, especialmente no relativo á expansión da enerxía eólica e ás súas implicacións sociais, económicas e territoriais.
O artigo propón unha reflexión sobre a distribución dos custos e beneficios asociados aos proxectos eólicos, así como sobre os diferentes modelos de desenvolvemento territorial que entran en xogo neste proceso. Dende unha perspectiva crítica, os autores examinan as tensións existentes entre os obxectivos de descarbonización, a protección da paisaxe, a participación das comunidades locais e a gobernanza dos recursos naturais.
Esta contribución forma parte do compromiso do GET por achegar análises rigorosas e accesibles aos debates públicos sobre os retos territoriais contemporáneos.



