Maricarmen Tapia participa no programa de radio «As cidades invisibles, as cidades arrebatadas»

Xa pode escoitarse un novo episodio de O Faladoiro, o programa de debate de Rádio FilispiM, que nesta ocasión contou coa participación de Maricarmen Tapia, membro do Grupo de Estudos Territoriais (GET) e coordinadora da revista Crítica Urbana:

Baixo o título “As cidades invisibles, as cidades arrebatadas”, o programa aborda cuestións clave para comprender as transformacións urbanas contemporáneas, como a turistificación, a xentrificación, o acceso á vivenda ou a progresiva homoxeneización dos espazos urbanos.

A través desta conversa, Maricarmen Tapia achega unha reflexión crítica sobre os procesos que están a redefinir as cidades e sobre os retos que estes cambios supoñen para a vida urbana e o dereito á cidade.

Scroll al inicio