III Encontro do Livro Galego na UDC

O vindeiro 18 de xuño de 2026, a Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña acollerá o III Encontro do Livro Galego, unha xornada dedicada a reflexionar sobre os retos e oportunidades do libro e da lingua galega nun contexto cada vez máis globalizado.

A actividade contará coa conferencia do editor Manuel Bragado, titulada “O libro e a lingua galega no mundo. Retos e oportunidades”, así como cunha mesa redonda sobre feiras do libro e internacionalización, na que participarán representantes do ámbito editorial, académico e da tradución.

O encontro está organizado por Livro Galego, proxecto liderado polo noso integrante Roberto Samartim, e conta coa colaboración da Facultade de Filoloxía da UDC, o Grupo de Estudos Territoriais (GET), a Asociación Internacional de Estudos Galegos (AILA) e o Programa de Doutoramento en Estudos Literarios UDC-UVigo.

📍 Sala de Xuntas da Facultade de Filoloxía (UDC)
📅 18 de xuño de 2026
🕤 09:30–14:00

Desde o GET animamos a toda a comunidade universitaria e ás persoas interesadas na cultura galega a participar nesta iniciativa.

Scroll al inicio