Entre os días 16 e 26 de marzo de 2026, A Coruña acollerá as II Semanas Metodolóxicas en Ciencias Sociais. Retos e desafíos analíticos contemporáneos, organizadas polo Grupo de Estudos Territoriais da Universidade da Coruña. Podes ver o programa aquí.
A iniciativa da continuidade á primeira edición das Semanas Metodolóxicas como un espazo para compartir ferramentas, experiencias e debates relacionados cos desafíos actuais da investigación social.
Ao longo das diferentes sesións abordaranse perspectivas e estratexias metodolóxicas de interese para persoas investigadoras e estudantes de ciencias sociais, favorecendo o intercambio arredor dos procesos de deseño, produción e análise da investigación contemporánea.
A actividade enmárcase no programa de divulgación e transferencia científica do GET para 2026, desenvolvido co apoio da axuda de Grupos de Consolidación e Estruturación da Xunta de Galicia.



