O Grupo de Estudos Territoriais participou o 8 de febreiro de 2026 en LandraCiencia, unha xornada de divulgación científica promovida polo Concello de Carballo co obxectivo de visibilizar o talento investigador e crear un espazo de encontro entre a ciencia e a veciñanza.
A iniciativa presentada desde o GET contou coa participación de María Andrade, como coordinadora, Estefanía López, Iria Caamaño e Estibaliz García.
A participación nesta xornada forma parte do compromiso do grupo coa divulgación e coa transferencia do coñecemento máis alá do ámbito estritamente académico, achegando á sociedade investigacións e perspectivas relacionadas co territorio e coas súas transformacións.
LandraCiencia 2026 intégrase tamén no programa de actividades de divulgación desenvolvido polo GET durante este ano ao abeiro da axuda de Grupos de Consolidación e Estruturación da Xunta de Galicia.




