O pasado venres 3 de outubro achegámonos á Ulloa para celebrar a II edición do ciclo de conversas abertas que realizamos cada ano nun lugar distinto de Galicia, baixo o nome de Territorios (Trans)feridos. Nesta ocasión, en colaboración co Instituto de Estudos Ulloáns, propuxemos un espazos para pensar fórmulas de reforzo da identidade rural, dinamización das economías locais e protección da paisaxe viva, nun tempo no que o territorio rural, e en particular A Ulloa, se enfronta a presións extractivas e sobrepresións turísticas. Aproveitamos tamén a celebración do Día Mundial do Turismo para reflexionar sobre o papel do turismo neste proceso.
Realizamos un roteiro interpretativo polo Camiño de Santiago (en sentido inverso) na comarca da Ulloa, seguido dunha xornada de palestras e mesas redondas coa participación de profesorado da UDC (turismo, socioloxía, arquitectura), persoas convcidadas da UTAD e veciños e veciñas da comarca.
A actividade contou coa colaboración do Instituto de Estudos Ulloáns, así como de numerosos/as emprendedores/as e residentes da zona, a quenes queremos o seu tempo, hospitalidade e disposición a compartir reflexións e experiencias. Tamén contamos coa colaboración da Facultade de Socioloxía e a Facultade de Turismo da UDC, e co ciclo Cafés Viaxeiros desta última.
Pechamos con este: ALTRI NON!, como recordatorio de que outro camiño non só é posible, senon necesario.








