O investigador do GET Alberto Rodríguez Barcón, presentou no International Conference on Tourism Social Science (ICOTSS-25) a comunicación Urban Aspirations and the 15-Minute City: Post-Pandemic Imaginaries in Ibero-America, xunto aos investigadores Patricia Muñiz e Luciano Gómez Alfaya.
A súa achega analizou os imaxinarios urbanos no momento álxido da pandemia da COVID-19 en relación cos principios da chamada cidade de 15 minutos en nove países iberoamericanos (Arxentina, Brasil, Chile, Colombia, Ecuador, México, Perú, Portugal e España). O estudo baséase nunha enquisa realizada en 2020 a preto de 9.600 persoas.



