Novo Artigo do GET sobre a Tradución de Libros ao Galego

A nosa doutoranda Lucia Cernadas vén de publicar no Bulletin of Hispanic Studies (vol. 102, nº 7) o artigo “Translating Iberian Literatures into Galician: An Empirical Approach to the Strategies of Twenty-first-century Publishing Houses”.

Podes ler o artigo aquí.

O traballo céntrase na análise da produción de 29 editoriais galegas fundadas despois de 2003, atendendo ás súas traducións ao galego desde o éuscaro, o catalán, o portugués e o castelán. A investigación baséase nos datos do Projeto Livro Galego, que permiten estudar variables como ano de publicación, lingua de orixe ou xénero literario.

Os resultados mostran unha concentración das traducións arredor dun pequeno grupo de axentes editoriais e examinan o papel que cada unha das culturas ibéricas desempeña como referente na relación coa galega.

O artigo diferencia tamén entre literatura infantil e xuvenil e literatura para público adulto: mentres a primeira responde a dinámicas máis des-territorializadas e industriais, a segunda amosa motivacións máis diversas pero cun alcance moito máis reducido.

Scroll al inicio