O artigo Sustainability, Spatial Justice and Social Cohesion in City Planning: What Does a Case Study on Urban Renaturalisation Teach Us?, publicado polas nosas integrantes María Andrade-Suárez, Uxía López Mejuto e Manuel García-Docampo, xunto con Francisco-Alberto Varela-García, do Departamento de Enxeñaría Civil da UDC, vén de ser publicado na revista Urban Science.
A investigación, de carácter cuantitativo, analiza as percepcións e valoracións da poboación de Pontevedra sobre os espazos urbanos no marco dun proxecto de renaturalización. A partir dunha enquisa, identifícanse patróns de uso e satisfacción, así como diferenzas segundo variables sociodemográficas e de xustiza espacial.
O estudo achega evidencias sobre como a planificación urbana pode promover cidades máis equitativas e cohesionadas socialmente.



