A nosa doutoranda Begoña Muiño Sar publica, xunto co investigador Sergio Muiño Freire, o artigo Tourism intelligence in the Cabo Ortegal UNESCO Global Geopark: Case of San Andrés de Teixido, na revista International Journal of Geoheritage and Parks.
O traballo pódese consultar aquí.
O artigo explora o turismo no Geoparque Mundial da UNESCO Cabo Ortegal, con especial atención ao perfil de visitantes, a demanda turística e o potencial para desenvolver unha rede de intelixencia turística no territorio.
A metodoloxía combina técnicas cuantitativas e cualitativas, incluíndo enquisas, entrevistas en profundidade, aplicacións de ferramentas dixitais e análise de contidos. Os resultados ofrecen unha contribución orixinal ao coñecemento do territorio e ao deseño de estratexias de xestión sostible do turismo.



