Novo artigo do GET sobre perspectivas sociolóxicas en infraestrutura verde urbana

As investigadoras do GET María José Andrade-Suárez e Ana Leiras, e o investigador do GET Manuel Docampo García publican na revista Urban Forestry and Urban Greening o artigo Sociological Perspectives on Urban Green Infrastructure: Identifying Research Gaps and Advancing Future Directions.

Pódese ler aquí.

O traballo ofrece unha revisión sistemática e unha análise bibliométrica de 436 artigos científicos publicados entre 2001 e 2024 sobre as interaccións entre infraestrutura verde urbana e sociedade. O obxectivo é identificar tendencias, baleiros de investigación e áreas prioritarias para o desenvolvemento futuro deste campo.

O estudo revela que, a pesar do crecemento das investigacións sobre gobernanza e política, outros aspectos clave das infraestruturas verdes urbanas, como as dimensións de equidade ou o impacto social a longo prazo, seguen pouco explorados.

Scroll al inicio