Novo artigo sobre a relación entre espazos verdes e saúde urbana

María Andrade-Suárez, Uxía López Mejuto, Manuel García-Docampo e Francisco-Alberto Varela-García publican na revista Ecosystem Health and Sustainability o artigo Exploring Indirect Links between Green Space Use and Health in the Urban Context: Is There More to It than Meets the Eye?

O artigo pódese ler aquí

O estudo aborda a relación indirecta entre uso dos espazos verdes e saúde, integrando variables sociodemográficas, hábitos saudables e avaliación estética. Baseado en datos dunha enquisa en Pontevedra, propón un modelo explicativo que combina percepcións subxectivas co rexistro de indicadores obxectivos, como o uso de medicación ou consultas médicas.

Os resultados apuntan a que a calidade e valoración estética dos espazos verdes poden ter un impacto significativo nos resultados de saúde, mesmo cando a relación directa entre uso e benestar é moderada.

Scroll al inicio