Novo artigo do GET sobre as fake news e o descontento democrático en Europa

Os integrantes do GET Antón Álvarez Sousa, María Andrade-Suárez e Iria Caamaño Franco asinan o artigo titulado Fake news y factores de descontento con la democracia: opinión de los ciudadanos europeos, publicado na Revista Española de Investigacións Sociolóxicas (REIS).

O artigo pódese ler aquí.

O texto examina o papel da desinformación e das noticias falsas na percepción cidadá da democracia, prestando especial atención aos factores que contribúen ao descontento político. A partir dunha revisión e análise bibliométrica de fontes académicas, identifícanse liñas de investigación emerxentes e ámbitos aínda pouco estudados neste campo.

Este traballo contribúe a comprender mellor a relación entre ecosistemas informativos, confianza institucional e participación cidadá en Europa.

Scroll al inicio