As nosas integrantes María Andrade-Suárez, Uxía López Mejuto, Manuel García-Docampo e Francisco-Alberto Varela-García, do Departamento de Enxeñaría Civil da Universidade, publican na Revista de Urbanismo o traballo ¿Renaturalizar para vivir mejor? Evaluando los beneficios de las ciudades biofílicas.
A investigación, desenvolvida desde unha perspectiva sociolóxica, analiza os beneficios sociais asociados á renaturalización urbana e examina se as chamadas cidades biofílicas son realmente saudables e camiñables. Baseándose nunha enquisa á poboación de Pontevedra, o estudo explora a relación entre uso dos espazos verdes, saúde autopercibida e prácticas de actividade física.
Os resultados indican unha correlación positiva entre o uso frecuente dos espazos verdes e unha mellor saúde, así como unha maior participación en actividades físicas. O artigo tamén subliña a necesidade de atender ás desigualdades territoriais, educativas e socioeconómicas para garantir o acceso universal a estes espazos.



