Artigo: O papel da prensa escrita no turismo termal, no International Journal of Spa and Wellness

As nosas compañeiras do GET, Iria Caamaño-Franco, Antonia Pérez-García, Begoña Muiño-Sar, xunto coa profesora do Hochschule Pforzheim Kerstin Bremser veñen de publicar un artigo na revista International Journal of Spa and Wellness titulado The role of print media in shaping thermal wellness tourism: comparative analysis of Baden Baden and Orense.

Podes ler o artigo aquí.

O estudo analiza a eficacia da prensa escrita na proxección da imaxe de destinos de turismo termal, comparando o caso de Baden-Baden (Alemaña) e Ourense (España). A través dunha análise de contidos e entrevistas semiestruturadas, examínase como os medios impresos configuran a percepción do turismo de benestar termal e como se constrúe a imaxe de destino.

A investigación abrangue a cobertura mediática entre 2018 e 2023 e revela diferenzas significativas na representación mediática das dúas cidades, aportando novas claves para comprender o papel dos medios na promoción deste tipo de turismo.

Scroll al inicio