Presentación do libro Obras Públicas, de Marcos Lorenzo

O colaborador do Grupo de Estudos Territoriais (GET) Marcos Lorenzo presentará o vindeiro venres 27 de xuño ás 19:30h o seu libro Obras públicas na libraría Formatos (Rúa Santiago Rey Fernández Latorre, 5, A Coruña). No acto estará acompañado por María Andrade, coordinadora do GET e profesora do Departamento de Socioloxía da UDC, e por Héctor Pose, tamén profesor da Universidade da Coruña.

Obras públicas, publicado recentemente pola editorial Libros Lorref, recolle unha selección de textos escritos por Lorenzo entre 2006 e 2015, previamente publicados en revistas, blogues e folletos. A través de breves ensaios, o autor ofrece reflexións afiadas sobre temas como a liberdade, a ciencia, o tabaco, a prensa ou o fútbol, sempre desde unha perspectiva antropolóxica e cun ton que combina o humor co pensamento filosófico e social.

A obra destaca pola súa capacidade para desvelar os lugares comúns, os xiros absurdos e os automatismos do discurso público contemporáneo, propondo pequenas fisuras desde as que repensar o cotián.

Scroll al inicio