Os días 11, 12 e 13 de xuño, organizamos a quinta edición do Congreso de Socioloxía e Antropoloxía do Turismo, SocAnTur, na cidade da Coruña. Trátase dun encontro consolidado como referencia no ámbito do pensamento crítico sobre o turismo desde as ciencias sociais. O evento está organizado xunto coa Facultade de Socioloxía e a Facultade de Turismo da UDC, así como o Concello da Coruña.
SocAnTur é máis que un congreso académico: funciona como un espazo de diálogo e intercambio entre persoas que traballan no ámbito da socioloxía, a antropoloxía e outras disciplinas afíns, tanto desde a universidade como desde institucións públicas, empresas ou organizacións da sociedade civil.
O obxectivo principal deste foro é xerar sinerxías e promover unha mirada crítica, creativa e transformadora sobre o turismo e os seus impactos territoriais, culturais e sociais. A través de diferentes mesas de traballo e mesas redondas, abordaranse temas como:
- Turismo, gobernanza e desenvolvemento local
- Patrimonio cultural, gastronomía e identidade
- Sustentabilidade social e ambiental
- Xénero, formación, metodoloxía e imaxinarios turísticos
- Representacións, espiritualidade e participación cidadá
Desde o GET levamos anos traballando na análise das prácticas turísticas como parte dos procesos de mediación territorial, e entendemos SOCANTUR como unha oportunidade para conectar investigación, axentes locais e propostas de acción transformadora.
Podedes seguir o desenvolvemento do encontro e consultar o programa completo na súa web oficial: www.socantur.com.



