novo tráiler do Proxecto VICES

Xa está dispoñible o trailer do documental Protesta popular y violencia colectiva en la Guerra de la Independencia, unha das pezas centrais do proxecto VICES, no que colaboramos desde o GET xunto con investigadores doutras universidades do Estado.

Este traballo audiovisual afondará na violencia colectiva durante a Guerra da Independencia, con especial atención ás sublevacións urbanas e os ataques contra autoridades. A diferenza doutras épocas da Idade Moderna, estes episodios destacaron pola súa intensidade e carácter letal.

O documental foxe de tópicos como o “odio ao afrancesado” para explorar con maior precisión o contexto específico de cada cidade e as condicións sociais que deron lugar aos tumultos. A investigación cuestiona a suposta espontaneidade das revoltas patrióticas e abre novas hipóteses sobre a súa posible coordinación.

O vídeo completo estará dispoñible no mes de xuño no canal de YouTube do proxecto.

O proxecto VICES tamén conta cun seminario dixital e un dossier en Historia Social sobre as revoltas populares da Idade Moderna á Contemporánea. Podes consultalo na súa páxina web: https://vices.udc.es. Desde o GET apostamos por formatos de divulgación que conecten a investigación histórica coa análise social e territorial contemporánea. Este documental é unha boa mostra dese enfoque.

Scroll al inicio