Estefanía López Salas, integrante do noso equipo de investigación, participará no Congreso Internacional Proxectos Integrais de HGIS: Investigación, Innovación e Transferencia, que terá lugar os días 8 e 9 de maio de 2025 no Salón de Graos da Facultade de Humanidades, Campus de Lugo.
No evento, Estefanía intervirá na mesa 6 co título «Cartografiar o documento e documentar a cartografía: un novo enfoque no estudo e divulgación do paisaxe histórico de San Xulián de Samos». A súa comunicación presentará unha nova perspectiva para o estudo do patrimonio histórico, mediante o uso das ferramentas de sistemas de información xeográfica (SIG) para a análise e difusión do paisaxe histórico.
Ademais, coordinará a mesa 5, onde se tratarán diversos proxectos de investigación aplicados ao uso de HGIS na reconstrucción de paisaxes históricos.
O Congreso reúne especialistas de diferentes institucións e países, promovendo un espazo de debate e intercambio sobre as novas fronteiras da investigación en cartografía histórica, a aplicación de SIG e a innovación na interpretación dos territorios.
Para máis información, pode consultarse o programa completo aquí.



