O Grupo de Estudos Territoriais (GET) da Universidade da Coruña organiza a presentación do libro As raíces do valor: Cultura, Europa, Participación, Innovación. Un mapa sociocultural (‘Le radici del valore. Cultura, Europa, partecipazione, innovazione. Una mappa socio-culturale’) de Marco Navarra, que terá lugar o 8 de maio de 2025 ás 12:00h na Sala de Xuntas da Facultade de Socioloxía da nosa universidade.
Programa do evento:
- 12:00h | Benvida e introdución institucional: María Andrade Suárez, Coordinadora do GET.
- 12:10h | Introdución ao libro e ao autor: Gino Frezza, Profesor de Socioloxía dos Procesos Culturais, Universidade de Salerno.
- 12:20h | Intervención do autor: Marco Navarra, autor do libro e investigador postdoutoral no Departamento de Ciencias do Patrimonio Cultural da Universidade de Salerno.
- 12:40h | Comentario crítico desde unha perspectiva internacional: Antonella Napoli, Investigadora no Departamento de Ciencias do Patrimonio Cultural, Universidade de Salerno.
- 12:50h | Conversa e diálogo co público: Moderado por Uxío Novo Rey, Investigador predoctoral do GET.
O evento será unha excelente oportunidade para reflexionar sobre o papel da cultura na construción dos territorios e a súa relación coa participación social, a innovación e a preservación do patrimonio. Invitamos a toda a comunidade universitaria e a todas as persoas interesadas nestes temas a asistir e participar neste diálogo enriquecedor.



