O Grupo de Estudos Territoriais participa no Día da Ciencia na Rúa de 2025

O próximo 10 de maio de 2025, o Grupo de Estudos Territoriais (GET) da Universidade da Coruña estará presente no Día da Ciencia na Rúa, unha iniciativa organizada polo Concello da Coruña, a Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e a Cátedra Emalcsa-UDC. A cita terá lugar no Parque de Santa Margarita (A Coruña) de 11:00h a 19:00h.

No noso recuncho, contaremos con varias actividades interactivas nas que os asistentes poderán participar activamente, todas enfocadas en fomentar a reflexión sobre os lugares nos que vivimos, a súa historia, a súa xustiza, sostibilidade e a nosa relación cos eles. O obxectivo é descubrir e experimentar conxuntamente como pensamos e investigamos o territorio, a paisaxe e as comunidades para mellorar os espazos nos que vivimos.

Podes coñecer máis sobre O Día da Ciencia Na Rúa en A Coruña na seguinte ligazón. O evento conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía – Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades e a Deputación da Coruña.

Scroll al inicio