O vindeiro venres 25 de abril celebramos na Facultade de Socioloxía da UDC a 10ª edición das Xornadas de Urbanismo e Socioloxía, unha cita xa consolidada que desde hai unha década promove o Grupo de Estudos Territoriais (GET), nesta ocasión en colaboración co ESOMI e a propia facultade. Cada ano estas xornadas propoñen unha temática diferente para repensar o territorio desde unha ollada crítica e interdisciplinar. Este 2025, queremos poñer o foco no Urbanismo Feminista, unha perspectiva que abre preguntas fundamentais sobre o xeito en que habitamos, deseñamos e transformamos os espazos que compartimos.
A xornada terá lugar ao longo de todo o día no Salón de Graos da Facultade de Socioloxía, cun programa formado por intervencións breves pero importantes, a modo de pequenas pílulas que ofrecerán diferentes entradas ao debate sobre a cidade, o territorio e o coidado. A actividade está pensada como un espazo aberto á participación, con entrada libre ata completar aforo, e conta coa colaboración docente das materias de Socioloxía Urbana e Ordenación do Territorio, Socioloxía da Familia e Socioloxía da Comunicación e a Opinión Pública, do grao en Socioloxía.
Agardámosvos este venres no Salón de Graos da Facultade de Socioloxía.




