Artigo: Violencia Colectiva en Ferrol no século XIX, En ‘Cuadernos de Estudios Gallegos’

O noso compañeiro e profesor da Facultade de Socioloxía, José María Cardesín Díaz vén de publicar un novo artigo na revista Cuadernos de Estudios Gallegos titulado O asasinato do comandante xeral de mariña en Ferrol en 1810: claves de interpretación para unha revolta popular.

Podes lelo aquí.

O artigo afonda nun episodio de violencia colectiva que tivo lugar o 10 de febreiro de 1810 na cidade de Ferrol, cando unha revolta popular rematou co linchamento do comandante xeral do Departamento Naval. A análise propón unha interpretación complexa do acontecemento, poñendo en diálogo distintas perspectivas historiográficas sobre os motíns, as revoltas do Antigo Réxime e a violencia popular durante a Guerra da Independencia.

A investigación combina fontes documentais, bibliografía especializada e memoria social para reconstruír o contexto inmediato da cidade, pero vai máis alá da dimensión local. Cardesín sitúa o caso de Ferrol dentro dun fenómeno máis amplo: máis de 70 episodios semellantes acontecidos en máis de 60 localidades da Península non ocupadas polo exército francés, moitos deles tamén rematados coa execución dunha autoridade civil ou militar. Este traballo enmárcase no proxecto de investigación VICES, que actualmente coordina Cardesín xunto con outros membros do GET, centrado na violencia colectiva e os linchamentos na España da Guerra da Independencia.

Scroll al inicio