O próximo martes 11 organizamos unha charla coa sociolingüista Ana Maria Carvalho, na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña (13h) co título: ‘Documentando dinâmicas de línguas minoritarizadas: o português uruguaio em Vozes das Margens’. Carvalho presentará o documental Vozes das Margens, que será proxectado pola tarde, ás 18h, na Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36, 1.º, Circo de Artesáns, A Coruña).
Carvalho é experta en contacto lingüístico e no portugués da fronteira uruguaio-brasileira. O seu traballo achega chaves para entender a diversidade lingüística e as súas conexións coa identidade e coas políticas lingüísticas.
¡Achegádevos!
