Participamos nas Primeiras Xornadas Internacionais de Estudos da España Contemporánea, en Laigueglia (Italia)

Os nosos compañeiros do Grupo de Estudos Territoriais (GET), José María Cardesín e Raimundo Otero participarán nas Primeiras Xornadas Internacionais de Estudos da España Contemporánea (Prime Giornate Internazionali di Studio della Spagna Contemporánea), que se celebrarán en Laigueglia (Italia) os días 14-16 de febreiro próximo, con cadansúa conferencia sobre o tema xeral “Guerriglia e violencia popular na Guerra da Independencia española”.

O evento está organizado polo Istituto Studi sul Capitalismo di Genova, a biblioteca La Topaia de Laigueglia e a Associazione Vecchia Laigueglia, e reunirá once especialistas na materia. Entre eles atópanse os historiadores españois Francisco Carantoña Álvarez (Universidade de León), Emilio La Parra López (Emérito, Universidade de Alacante), Gonzalo Butrón Prida (Universidade de Cádiz), José Bordes García (UNED Torrejón de Ardoz), Ramon Arnabat Mata (Universidade Rovira i Virgili – Tarragona) e Daniel Aquillué Domínguez (Centro Universitario de la Defensa de Zaragoza), ademais dos nosos compañeiros do Grupo de Estudos Territoriais.

As sesións desenvolveranse no Complesso Semur (Piazza S. Matteo, Laigueglia) e no Concello da localidade. Máis info aquí: https://spagnaculturaescienza.it/eventi/prime-giornate-internazionali-di-studio-sulla-spagna-contemporanea/

Scroll al inicio