Novo Artigo: Tourism observatories as an intelligent Centre in Tourism Planning and Management. The case of A Coruña

As nosas compañeiras, a doutoranda Begoña Muiño Sar e a profesora na Facultade de Turismo, Iria Caamaño Franco, veñen de publicar un artigo xunto ao tamén profesor da Facultade de Turismo, Eduardo Guillén Solórzano, titulado Tourism Observatories as an intelligent centre in tourism planning and management: The case of A Coruña, na revista Turismo & Desenvolvimento publicada pola Universidade de Aveiro.

O artigo aborda as posibilidades que ofrece o Big Data no sector turístico, destacando os observatorios como ferramentas clave para a xestión e análise de datos. Para iso, as autoras analizan o caso do Observatorio de Turismo da Cidade de A Coruña, unha iniciativa desenvolvida coa colaboración da Universidade da Coruña. A investigación combina enfoques cualitativos e cuantitativos, incluíndo o estudo de máis de 400 artigos de prensa, e propón un modelo para a creación efectiva de observatorios dividido en dúas fases: pre-implementación e implementación. Este traballo busca contribuir a mellorar a planificación e a xestión turística en España.

Podedes ler o artigo completo na web da revista.

Scroll al inicio