GETRecomenda: «Poesia galega atual», coloquio con Lucia Cernadas

Recomendamos o coloquio «Poesia Galega Atual», que contará coa presencia da nosa doutoranda e investigadora predoutoral, a poeta Lucia Cernadas. Terá lugar mañá ás 13.30h na Facultade de Filoloxía da UDC. O evento está organizado polo grupo de investigación ILLA da UDC.

O encontro, moderado pola tamén investigadora da UDC Ánxela Lema París, será unha conversa con Lucia sobre o seu poemario recientemente publicado, «O corpo é umha promessa (bolero)». Tamén será un espazo para reflexionar sobre referentes poéticos contemporáneos, cuestión que forma parte da tese que Lucia está realizando.

Lucia é investigadora predoutoral na UDC, onde estuda o funcionamiento do campo editoral galego no periodo autonómico, en concreto, a produción das editoras incorporadas a él no século XXI. A súa investigación céntrase no eido da poesía e a tradución literaria. Participa, entre outras actividades, no proxecto Livro Galego do GET, coordinado por Roberto Samartim.

Scroll al inicio