Artigo: ‘A novel framework for the quantitative analysis of Accessible Tourist Destinations’

As nosas integrantes Ana Leira, Iria Caamaño-Franco e María Andrade publican no Journal of Sustainable Tourism, un artigo sobre metodoloxías cuantitativas para analizar a imaxe proxectada dos destinos turísticos accesibles.

Neste estudo, as autoras introducen un marco teórico pioneiro que responde a un vacío na investigación sobre a competitividade e imaxe destes destinos. Este marco desenvolveuse mediante a codificación sistemática da literatura relevante, entrevistas semiestruturadas con persoas con discapacidade e consulta cun panel de expertos.

O modelo de análise púxose a proba mediante un estudo comparativo das webs oficiais de turismo en España e Portugal. Os resultados indican que os destinos turísticos accesibles combinan atributos funcionais, como o uso da tecnoloxía, con características psicolóxicas clave, como unha sociedade inclusiva e un sector turístico comprometido coa accesibilidade. Ademais, suxiren que a estrutura de xestión turística dun país pode influír no rendemento competitivo dos seus destinos locais. Este traballo amplía as teorías da competitividade e da imaxe do destino ao incluír as perspectivas dos turistas con discapacidade, e ofrece recomendacións valiosas para que as Organizacións de Xestión de Destinos (DMO) poidan atraer un mercado máis diverso.

Podes ler o artigo completo aquí.

Scroll al inicio