Participamos no Foro de Dereito Á Cidade en Valencia

O noso membro Plácido Lizancos participa esta semana no Foro de Dereito Á Cidade en Valencia e Barcelona, coa palestra «O dereito á arquitectura como instrumento para a construción do Dereito á cidade.»

Este foro de intercambio de experiencias sur-norte é consecuencia natural de outro anterior celebrado en maio pasado na Universidade Eduardo Mondlane de Maputo, (Mozambique).

O dereito á cidade é un asunto universal sempre de actualidade. Hoxe, cando detectamos que os espazos de vida deixan de estar pensados para quen os habita reivindicamos territorios que poñan as necesidades de tódalas persoas no centro.

Scroll al inicio